Tuesday 28 November 2017

Narrativa sintética

 Revolución Francesa (1848)
  
A revolución francesa de 1848 foi a terceira das grandes revolucións que sufriu Francia dende o século XVIII, e é considerada a continuación da anterior revolución(1830), xa que tiveron en liñas xerais, os mesmos fins e obxectivos.
Foi coñecida como A primaveira dos pobos, debido á gran cantidade de países europeos polos que se expandiu esta revolución.

Esta gran revolución foi precedida pola crise económica que sufriu o país durante o ano 1846 (onde as malas colleitas daquel ano deixaron sen alimento á maior parte da poboación e provocaron que os sistemas industriais e financieiros quedaran practicamente na banca rota), e por outra banda, as novas ideas ilustradas (que xa foran o principal motivo das anteriores revolucións), seguiron sendo rechazadas e oprimidas pola monarquía absoluta de Luis Filipe de Orleans, que naquel momento gobernaba o país. Ademais, a revolución veuse favorecida polas primeiras mostras de organización dos obreiros, que protestaban pola mala situación laboral e económica que sufrían.

Outro aspecto moi destacable é que foi moi intensa e curta, xa que tan só durou dous días, nos cales os dirixentes e participantes do parlamento, intentaban que o país non entrase nunha gran guerra civil e buscaban todo tipo de solucións ao conflicto, ata que finalmente, debido ás continuas revoltas provocadas polo pobo (obreiros, estudantes, pequena burguesía…), o rei decidiu abdicar en favor do seu neto pequeno, mais este xamais chegou a gobernar  a consecuencia do rexeitamento do mesmo pobo, deste modo instalouse a Segunda República Francesa.

Sen embargo, esta revolución foi extendéndose rapidamente por moitos outros países europeos, que coma Francia, loitaron por derrocar dunha vez ao antigo absolutismo, impoñendo as ideas ilustradas. Un dos dous casos máis destacados foi o da revolución de Berlín, onde os cidadáns tamén loitaron por lograr a unificación alemá baixo os dominios da coroa de Prusia, mais esta revolta foi rexeitada polo mesmo rei.

E o outro caso máis destacado foi o da revolución do Imperio Austríaco, na que se produciron unha serie de revoltas liberais e nacionalistas en Hungría, norte de Italia e Bohemia, que culminaron coa independencia total de Italia, e a dimisión do chanceler Metternich.

E no último lugar, encóntrase o tema máis importante de todos, as consecuencias. Toda a revolución consistiu nos intentos do pobo para que se  impuxeran as novas ideas ilustradas e un novo goberno, e como xa vimos antes, o segundo conseguíuse coa proclamación da segunda república, mais o primeiro, conseguise en certa parte, xa que sí lograronse impoñer algunhas medidas como a soberanía nacional, o sufraxio universal… Sen embargo, a “igualdade social” que se impuxo non foi unha igualdade completa como tal, xa que seguía habendo pequenas  diferenzas e inxusticias entre as clases.

No comments:

Post a Comment